"Estamos Contigo Perú"

"Estamos Contigo Perú"
peruanosdecorazon@hotmail.com - Téléfono:608273787 - 886137893 - C/ Extremadura 43 Bajo - Vigo - Galicia

jueves, 25 de marzo de 2010

Casting para Mozos/as -Para Gravacion de curtametraxes xuvenis

VigoConvócase un casting para mozos/as interesados/as en participar na gravación de curtamentraxes xuvenís.

O vindeiro martes 30 de marzo, de 10:00 a 12:00 h na Casa da Xuventude de Vigo, está convocado un casting na procura de mozos e mozas de 15 a 25 anos, e homes de 25 a 40 anos.
Este casting enmárcase dentro dun obradoiro de curtamentraxes xuvenís que se está a desenvolver en colaboración entre a Concellería de Xuventude de Vigo e a asociación Xuvenil Abertal.
O proxecto consiste na realización de seminarios formativos sobre temas relacionas co audiovisual, nos que participan mozos de 16 a 25 anos, e que posteriormente van facer 9 curtametraxes xuvenis ambientadas na cidade. Deste xeito o proxecto pretende compaxina a formación coa realización de curtametraxes.O Casting está aberto a participación de tódolos interesados/as. A participación dos seleccionados nas curtametraxes non será remunerada en ningún caso, dado que se propón como unha alternativa de lecer.
Os interesados/as deben presentarse o martes no horario indicado na Casa da Xuventude de Vigo na rúa López Mora.
Para máis información: Santiago Fernández. 627582556 ou na asociación Xuvenil Abertal www.abertal.org e tfno: 986225662

No hay comentarios:

Publicar un comentario