"Estamos Contigo Perú"

"Estamos Contigo Perú"
peruanosdecorazon@hotmail.com - Téléfono:608273787 - 886137893 - C/ Extremadura 43 Bajo - Vigo - Galicia

martes, 2 de marzo de 2010

Invitación día mundial del consumidor

Vigo
ORGANIZACIÓN DA VISITA A “RUEIRO DO CONSUMO”


Descrición da actividade
Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un consumo responsable.É por iso, que o Instituto Galego de Consumo xunto coa Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria, invitan a todas as asociacións que o desexen, a que fagan a súa reserva para acudir ao RUEIRO DO CONSUMO para realizar unha serie de actividades, que se describen a continuación.Trátase de percorrer unha rúa, na que poder achegarse ao eido do consumo a  través da realización de experiencias e actividades en espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións, ...
Lugar de celebración:
IFEVI_Instituto Ferial de Vigo.
Avenida do Aeroporto, 772 – Cotogrande 36318 Vigo.
Datas de realización:
Do 12, 15, 16, 17 e 18 de marzo polas tardes e 13 e 14 todo o día.
Horario: O horario de atención polas tardes será de 16:00 a 19:00.
E de 10:00 e 14:00 e de 16:00 a 17:00 no fin de semana (13 e 14).
Cada grupo permanecerá entre dúas e tres horas no recinto (concretándoo previamente).
Organización: Cada grupo acudirá con entre 40 e 50 persoas como máximo.
Á chegada ao recinto, este grupo dividirase en tres ou catro equipos (de 10 a 15 persoas), que irán rotando polas diferentes stands para a realización das actividades.
Aconséllase que todos os participantes coñezan as regras con anterioridade á chegada a IFEVI, para un mellor desenvolvemento de ditas actividades
Os Stands situados nesta rúa serán os seguintes:
1.- Un Supermercado_ no que poderán realizar unha compra responsable ou ben unha compra específica analizando os alimentos funcionais e as ofertas para as persoas adultas.
2.- Un Ciber_ no que poderán coñecer os criterios de páxina segura na rede, nas compras a través da mesma e xestión da conta de correo electrónico.
3.- Stand de AG21 escolar e Climántica. Con Actividades sobre paisaxismo e cambio climático.
4.- Unha oficina de banca_ Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou o uso dos produtos ofertados (cartóns de crédito, cartóns de débito, etc) así como tipos de comisións ou conceptos máis complexos (outros Euribor, TAE, comisión fixa e variable ...) para os máis maiores
5.- Unha Oficina de Consumo_ A través de un mapa poderán pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis próxima a súa localidade.
Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso debemos acudir a elas.
6.- Unha sala de mediación e arbitraxe_ Realización de unha simulación de arbitraxe (resolución de conflitos), alternando con un conto para os máis pequenos e pequenas.
7.- Unha reprodución dunha casa_ Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC do mercado. Realización dun instrumento de seguridade (para os máis pequenos) e lectura de recibos de subministracións ás persoas adultas.
8.- Unha tenda de comercio xusto_ Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio alternativo.
9.- Unha galería de exposicións_ Exposición dos traballos premiados nos premios nos distintos convenios do IGC e podendo incluír exposicións doutrosorganismos e entidades participantes que o acorden previamente.
10.- Unha demostración de artesanía en baixolizo.
11.- Un Stand do INEGA_ Con exposición de enerxías renovables.
12.- Un Stand de Galicia Calidade_ onde teremos a oportunidade de coñecer a marca de garantía do goberno galego, así como os produtos que ten amparados a día de hoxe, mediante información da Sociedade Pública así como de material de promoción da marca de garantía
Nos comunican que habrá servicio de guardería para lo niños y niñas y es posible, si el numero de personas que quieran ir como grupo lo requiere, que dispongamos de servicio de autobús.

No hay comentarios:

Publicar un comentario