Vigo
MEDIO AMBIENTE CELEBRA O ANO DA BIODIVERSIDADE COA PROXECCIÓN DO FILME EN 3D OCEANWORLD
A iniciativa da consellería dirixida pola socialista Chus Lago sirve tamén de prólogo ao Día Mundial do Medio Ambiente e ao Día Mundial dos Océanos, que se celebran os vindeiros 5 e 8 do mes de xuño.
As proxeccións terán lugar no cine Yelmo de Travesía do 25 ao 30 de maio e están dirixidas a escolares de 5º e 6º de primaria así como a rapaces e maiores que queran asistir ao espectáculo da vida no mar.
O sábado 29 e o domingo 30 de maio haberá unha proxección familiar para nenos doutras idades que desexen asistir a un espectáculo inolvidable da vida no mar. Na sesión das 12 da mañá a entrada será gratuíta e o aforo máximo será de 330 persoas cunha duración aproximada de 105 minutos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario