Prezadas asociacións e entidades colaboradoras,
Poñémonos en contacto convosco para anunciarvos que o venres día 16 de outubro (este venres) terá lugar a visita dos mercados do Progreso e do Berbés e das cociñas para a preparación dos pratos para a Festa “Comprando, cociñando, probando”.
Para todas as persoas interesadas en visitalas a cita este venres 16 ás 19h no mercado do Progreso.
Contamos coa vosa presenza.
Segundo e-mail
Prezadas asociacións e entidades colaboradoras,
Poñémonos en contacto convosco para recordarvos que o día 14 de novembro o Concello de Vigo para desenvolver a Festa “Comprando, cociñando, probando”.
Todas as persoas interesadas teñen varias posibilidades para participar nesta iniciativa, ben a través da elaboración dalgún prato do país de orixe, dalgunha bebida ou tamén con xogos, bailes ou música.
No arquivo anexo enviamos as fichas que é preciso cubrir para participar nestas actividades.
Todos os datos que aparecen na ficha serannos de moita utilidade para favorecer un correcto desenvolvemento da acción. Se queredes facer algunha suxestión para o desenvolvemento da Festa pregámosvos que a incluades no apartado de observacións.
A data límite de entrega das fichas é o día 20 de outubro, aínda que sería conveniente que se entregasen coa maior brevidade posible.
Agardamos a vosa colaboración para que esta festa sexa todo un éxito.
Un saúdo.
Carolina Díaz
Oficina de Inmigración
R/ Martínez Garrido, 24 interior
Tlf. 986 442 356
No hay comentarios:
Publicar un comentario